Nominalismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Nominalismo
Posición defendida por numerosos filósofos segundo a cal non existen os conceptos xerais ou universais como realidades ou cousas extra-mentais, (anteriores e independentes do coñecemento), nin nas cousas nin fóra das cousas, senón que o que chamamos conceptos universais son meros nomes cos que denominamos a aquelas propiedades que poden predicarse de varios individuos.

O nominalismo remontaríase a filósofos como Gorgias e Antístenes. Os estoicos defenderíano na súa doutrina da expresión (lekton). Na filosofía medieval Occam foi o seu máis recoñecido defensor e, na moderna, Hobbes, Berkeley e Hume, tendencia que se da tamén na filosofía contemporánea co positivismo lóxico e coa filosofía da linguaxe, con posicións como as defendidas por Quine e Goodman.